Xoga con Pipo!

Benvida e benvido ao recuncho máis divertido do universo de Pipo! Aquí atoparás algunhas actividades para seguir gozando das aventuras deste pequeno marciano tamén fóra da pantalla.

Poderás descargar debuxos para colorear, crear o teu propio Pipo cun pompón de lá, poñer a proba o teu enxeño cunha sopa de letras ou descubrir todos os detalles nos xogos de ‘atopa as diferenzas’. Actividades interactivas para deixar voar a imaxinación e encher cada día de pequenas aventuras.

Que comece a diversión!