A colorear!

Nestes días nos que o tempo anda un pouco tolo e as nubes cubren todos os ceos de todas as galaxias, sempre hai unha boa maneira de seguir vivindo aventuras sen saír da casa.


Pipo, Berta e Mocos chegan en forma de debuxos para colorear e deixar voar a imaxinación!

Ás veces non fai falta unha nave espacial para descubrir mundos novos. Abonda cun feixe de cores, un lapis na man e moitas ganas de crear. Por iso, preparamos seis debuxos descargables con diferentes escenas da serie para que toda a cativada poida imprimir, pintar e pasar unha tarde ben entretida na casa, ou onde máis apeteza.

Podes colorear a Pipo como aparece na serie, ou inventar novas versións das personaxes con cores chegadas doutros planetas. Porque xa sabemos que no universo de Pipo todo pode pasar, e a imaxinación sempre forma parte da aventura.