Os personaxes

Coñece aos personaxes de Pipo!

Pipo

Pipo caeu da súa nave espacial por culpa de andar facendo o que non debía: asomouse de máis por unha ventá e caeu. É un preadolescente da raza extraterrestre máis traste da galaxia. Pipo é curioso, ruidoso e cheo de sorpresas. Tanto pode comer catro quilos de noces como facer o cubo de Rubik nun segundo. Os poderes de Pipo iranse desvelando ao longo dos capítulos, pero desde o primeiro instante, Pipo séntese amigo de Berta, ese ser simpático e xeneroso que lle ofreceu un novo fogar.

Berta

Berta non é a máis guapa nin a máis lista da clase. Tampouco é a que mellor debuxa, nin a que máis corre, nin a que mellor canta. Non sabe tocar a guitarra nin xogar ao baloncesto. Berta non é popular. Pero Berta ten un gran corazón e unha imaxinación aínda máis grande. É xenerosa, empática, educada e atenta. As veces perde os nervios co seu irmá pequeno, Mocos, pero polo demais, poderíase pensar que Berta é unha rapaz educada cunha vida ordenada. Ata que chega Pipo.

Mocos

Mocos ten un nome real, pero mentres que para Mamá é cariño, meu rei ou pequecho, para Berta sempre é Mocos, así que nunca saberemos como se chama o máis novo da familia. En opinión de Berta, Mocos non vale para nada e so sededica a facer o mal. Rompe libros, ensucia todo o que pode, berra cando non debe e chora a destempo. Berta espera ansiosa o día que Mocos medre un pouco e empece a razoar. A chegada de Pipo, sen embargo, non suporá unha mellora no comportamento de Mocos. Agora o pequecho ten un pillabán ao que imitar.

Mamá

Mamá é amable, cariñosa e paciente, pero tamén seria e esixente. Non se xoga con Mamá. Pipo é aceptado na familia e Mamá pretenderá que sega as mesmas normas de conducta que lle pide a Berta. Lavar as mans antes de comer ou ter o cuarto recollido… Pipo fará o que poida.