A Pipo caeulle un dente e quere participar na preciosa tradición do Rato Pérez. Pero como case sempre, o que lle pasa a Pipo non remata como un espera que remate.
Cando chega a calor do verán, Berta e Pipo estrean a piscina do patio. Pipo non entende moi ben que ten de interesante meterse na auga, pero todo cambia cando descobre o refrescante e divertido que é.
O Samaín está a piques de chegar e todos están preparando os seus disfraces. Pipo tamén quere participar na festa pero non parece boa idea que o noso marciano favorito pasee libremente polo barrio.
Mamá regálalle a Berta unha saltona xigante de goma que bota moi, moi alto. Pipo descobre o que é capaz de facer coa súa forza e está a piques de bater o récord mundial de salto de pelotas de goma.
Berta e Pipo quedan ao coidado dun peixe de acuario durante uns días. Parece unha tarefa sinxela, pero todo se complica cando desaparece sen deixar rastro.
Pipo bota moito de menos as viaxes en naves espaciais, pero un día no parque descobre a que semella ser a nave espacial máis lenta e bonita de todo o universo.