Atopa as diferenzas!

Se un Pipo xa era divertido, imaxina ter dous! E, ademais, parecen exactamente iguais… ou iso semella.

Se observas con atención, ou mesmo coa axuda dunha lupa ou uns lentes, descubrirás que non son idénticos. Hai pequenos detalles agochados que fan que cada debuxo sexa único. 

Ás veces non fai falta ser un gran detective para atopar as diferenzas: Pipo pode cambiar de cor, un libro pode desaparecer da estantería ou Berta pode quedar sen zapatos.

Pon a proba a túa capacidade de observación cos  xogos de atopar as diferenzas e divírtete descubrindo todos os detalles da serie de Pipo, Mocos e Berta.