Berta quere ensinarlle a Pipo como se almorza na Terra… pero o marciano ten unha forma moi particular de facer zume.
Un zume de laranxa para comezar o día

Pipo vén dun planeta moi raro e que está moi, moi lonxe. Por iso, Berta ten claro que vai ter que ensinarlle moitas cousas sobre como funcionan as cousas aquí na Terra. E decide empezar polo principio: o almorzo. Porque todo o mundo sabe que o almorzo é moi importante. É o primeiro que facemos pola mañá e é o que nos dá enerxía para todo o día! Así que Berta pensa que o mellor será ensinarlle a facer un bo zume de laranxa.
Pero claro… Pipo nunca fai as cousas coma os demáis. Mentres Berta intenta explicarlle como se espremen as laranxas, Pipo decide probar o seu propio método marciano: espremeu as laranxas coa boca… e cuspeu o zume no vaso como se fose unha fonte. Pode parecer un pouco raro (ou bastante noxento), pero o máis sorprendente é que cando Mamá proba o zume por accidente… resulta que está riquísimo!
Berta non o pode crer. Iso si, hai unha cousa que ten clarísima: mellor non explicarlle a Mamá como se fixo o zume.
Queredes velo vós mesmos?
Non perdades o terceiro capítulo de Pipo.
