A voz máis rara da galaxia

Pipo ten que aprender a falar… pero antes debe elixir que voz quere ter.

Aprender a falar parece algo complicado… pero para o noso marciano, é moito máis doado que escoller a voz que quere ter… sorpresa!

Berta decátase de que o seu amigo marciano aínda non sabe falar como os demais, e fai o intento de ensinarlle. Claro que, as cousas con Pipo nunca van como ela agarda, e resulta que Pipo xa sabe falar! E non só iso, senón que as súas tamén pode utilizar calquera voz do mundo.

Claro que iso ten explicación: no seu planeta as cousas funcionan doutro xeito.

Os marcianos teñen unha habilidade moi especial: as súas cordas vocais poden imitar todas as voces. Graves, agudas, rápidas, lentas… todas. Así que antes de comezar a súa primeira aventura na Terra, Pipo ten que escoller cal vai ser a súa voz.

Queredes descubrir con que voz decide falar Pipo?
Non perdades o segundo capítulo de Pipo.