Pipo e a morriña das viaxes espaciais

Pipo bota de menos as viaxes polo espazo, ata que un día no parque descobre un invento humano que o deixa coa boca aberta: o papaventos!

Pipo bota moito de menos a súa vida no espazo exterior. Despois de escoitar un conto de Mamá antes de durmir, o pequeno marciano non pode deixar de pensar nas viaxes en nave espacial e en todo o que lle gustaría ensinarlle a Berta se puidese levala de galaxia en galaxia. Monstros, bechos estraños e mundos descoñecidos… Hai tantas cousas por descubrir!

Pero a nostalxia pode máis ca el. Está triste, non ten fame e nin sequera consegue durmir ben. Berta preocúpase, porque non é habitual velo así, e decide levalo ao parque para ver se consegue animalo. Aínda que, de momento, nada parece funcionar.

Berta decátase de sopra o vento, e iso significa que… no parque hai xente que fai voar papaventos!

Para Pipo, aquilo é algo extraordinario: obxectos que voan polo ceo atados a un cordel. Naves espaciais en miniatura! O pequeno marciano queda fascinado e decide que acaba de descubrir un dos inventos máis fabulosos do universo. Os dous amigos poñen mans á obra para construír o seu propio papaventos. Conseguirán facelo voar?

Non perdades o capítulo 13 de Pipo!