O cheiro máis apestoso de toda a galaxia!

Pipo descobre unha das cousas máis raras dos humanos… e decide que tamén quere aprendela.

Hai cousas da vida na Terra que Pipo aínda non entende moi ben. Os zapatos, os pinceis, a neve… e agora tamén os peidos.

Todo comeza cando acompaña a Mamá a cambiar o cueiro de Mocos. O cheiro da caca do pequeno deixa a Pipo completamente impresionado. E logo, non pode deixar de pensar niso! Así que acribilla a Berta con preguntas, como é posible facer un cheiro tan terrible? Por que os humanos fan esas cousas? E sobre todo… como podería aprender el tamén?

Berta tenta explicarlle que os peidos forman parte da dixestión e que non teñen nada de divertido. Ademais, non lle apetece pasar o día falando de cousas tan noxentas! Pero Pipo segue insistindo e preguntando sen parar. Ata quere saber se todas as cacas do mundo cheiran tan mal…

O pequeno marciano queda tan fascinado co asunto que decide aprender pola súa conta. E cando a Pipo se lle mete algo na cabeza, xa sabemos que é difícil facelo cambiar de idea.

Conseguirá Pipo fabricar o cheiro máis fedorento de toda a galaxia?
Non perdades o décimo capítulo de Pipo!