A Berta regaláronlle unha caixa de acuarelas. E por suposto, había que estrealas con Pipo…
O artista máis sorprendente da galaxia

Berta ten clarísimo cal vai ser o seu primeiro gran proxecto artístico: facer un retrato de Pipo. No xardín, ponse mans á obra mentres lle pide ao seu amigo de cor azul algo que quede quieto, sen moverse nin un chisquiño.
Despois de varios minutos de esforzo e concentración, Berta remata o primeiro retrato da vida de Pipo. E a el encántalle! Está fascinado con verse convertido nun cadro e, emocionadísimo, decide que agora quere probar tamén.
Aínda que Berta intenta explicarlle que primeiro debería aprender un pouco sobre cores e pinceis, xa sabemos que cando a Pipo se lle mete algo na cabeza é difícil facelo cambiar de idea. Así que colle as acuarelas e lánzase a pintar a toda velocidade.
O que ninguén esperaba era o resultado, cando Berta ve o cadro de Pipo… queda completamente abraiada. O pequeno marciano acaba de sumar outro talento á súa gran lista de superpoderes!
Queredes descubrir como é o retrato máis fermoso do mundo?
Non perdades o sétimo capítulo de Pipo.
