As palabras máxicas (e moi secretas!) de Berta

Berta quere deixar a Pipo coa boca aberta… e atopa o momento perfecto para facelo.

Hai días nos que Pipo parece saber facelo todo. Malabares? Fácil. Crebacabezas? En segundos! Desde que descubriu o ben que se lle dan as cousas… está un pouco presumido. Eu podo facer isto, eu tamén sei facer aquilo… e claro, Berta xa non pode máis! Así que decide que chegou o momento de darlle unha sorpresa ao seu amigo marciano. E ten un plan perfecto.

Berta dille a Pipo que lle vai ensinar un truco de maxia tan espectacular que o vai deixar completamente abraiado. Pero Pipo, moi seguro de si mesmo, non se impresiona nada: está convencido de que tamén poderá facelo, e aínda por enriba, máis rápido!

Esta vez non vai ser tan doado. Abrigo, gorro e bufanda e os dous saen ao patio. Berta pídelle a Pipo que peche os ollos e prepárase para o gran momento. Unhas palabras máxicas (e moi secretas!) e… cando abras os ollos, as nubes do ceo caerán en anacos ao teu arredor.

Pipo non o pode crer! Cando abre os ollos algo incrible está pasando… Comezou a nevar!

O pequeno marciano queda completamente fascinado. Non entende nada! Como puido facer Berta algo así? É maxia de verdade? Berta decide gardar o segredo deste truco tan espectacular un pouco máis… polo menos ata o día seguinte.

Porque ás veces, as cousas máis sorprendentes do mundo… tamén teñen a súa explicación.

Queredes descubrir o truco?
Non perdades o noveno capítulo de Pipo!