As lambonadas non son para todos…

Estes doces parecían unha aposta segura para o pequeno marciano… pero coma sempre, Pipo non reacciona como Berta agarda que o faga!

Pipo ten sempre moita fame, moitísima! E, ademais, adoita comer de todo sen pensalo demasiado. Por iso, cando Berta lle ofrece unha cunca chea de lambonadas explicándolle que é a cousa máis deliciosa do universo, está convencido de que lle van encantar.

Pero claro, estamos a falar de Pipo. E este marciano faino todo do revés! En lugar de probar unha a unha, como faría calquera, decide engulilas todas de golpe. E o que pasa… non é exactamente o que Berta esperaba.

Porque resulta que a Pipo dálle moitísimo noxo o sabor das lambonadas. Unha sorpresa total, non só para Berta, senón tamén para el mesmo, que non acaba de entender como algo así pode gustarlle tanto aos nenos e nenas da Terra.

Queredes ver como remata esta aventura?
Non perdades o quinto capítulo de Pipo.