Unha tarde pasada por auga

Berta quere ensinarlle a Pipo como se regan as plantas… pero claro, o marciano sempre fai as cousas ao revés.

Leva varios días sen chover e no patio toca facer unha tarefa importante: regar as plantas. Berta, moi responsable, decide aproveitar o momento para explicarlle a Pipo como funcionan as cousas na Terra. Porque si, as plantas tamén comen… pero non coma nós. Elas aliméntanse de auga e da luz sol.

Pipo escoita con atención, iso de que as plantas se alimenten con auga parécelle dunha lóxica fascinante… e, sobre todo, moi divertido. Así que fai o que mellor sabe facer: probar por si mesmo.

O patio convértese entón no seu lugar favorito: saltos, bailes baixo a auga e unha tarde pasada por molladura. Queda claro que, aínda que Pipo non aprendeu moito sobre plantas… pasouno en grande.

Queredes ver como remata esta historia tan refrescante?
Non perdades o sexto capítulo de Pipo.