A Pipo caeulle un dente e quere participar na preciosa tradición do Rato Pérez. Pero como case sempre, o que lle pasa a Pipo non remata como un espera que remate.
O Samaín está a piques de chegar e todos están preparando os seus disfraces. Pipo tamén quere participar na festa pero non parece boa idea que o noso marciano favorito pasee libremente polo barrio.
Berta e Pipo quedan ao coidado dun peixe de acuario durante uns días. Parece unha tarefa sinxela, pero todo se complica cando desaparece sen deixar rastro.
Pipo bota moito de menos as viaxes en naves espaciais, pero un día no parque descobre a que semella ser a nave espacial máis lenta e bonita de todo o universo.